(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Pàgines:
226
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
240
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
2O.BACHARELATO

Descompte:

-5%

Abans:

29,00 €

Després:

27,55 €
IVA inclòs

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Altres llibres de l'autor a Librería Artigas

Galaxia a Librería Artigas

  • PAPÁ, POR QUE NON PINTAS AS UNLLAS DE CORES? -5%
    Titulo del libro
    PAPÁ, POR QUE NON PINTAS AS UNLLAS DE CORES?
    Nº 5
    García Marín, Jorge
    Galaxia
    Non se nace home ou muller. Apréndese a ser home ou muller. No caso concreto dos homes, aprendemos a ser, adem...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,95 €16,10 €

  • Vidas de santos galegos -5%
    Titulo del libro
    Vidas de santos galegos
     
    Galaxia
    No disponible

    3,90 €3,71 €

  • A choiva do mundo -5%
    Titulo del libro
    A choiva do mundo
    Pacho Blanco, Xosé M.
    Galaxia
    Premio Torrente Ballester 2007. Novela coral, nacida do entrecruzamento dos xéneros máis diversos, A choiva d...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,40 €18,43 €

  • 50 ANIVERSARIO DE FUXAN OS VENTOS. QUIXO O PAXARO -5%
    Titulo del libro
    50 ANIVERSARIO DE FUXAN OS VENTOS. QUIXO O PAXARO
    Nº 30
    IGLESIAS, MERO
    Galaxia
    ôQuixo o paxaro pousar na póla o seu chíoö, que dá título a este libro, é un verso en homenaxe e lembran...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    29,00 €27,55 €

  • Nas catacumbas -5%
    Titulo del libro
    Nas catacumbas
    Alcalá, Xavier
    Galaxia
    Xavier Alcalá recupera para a novela galega unha parte da nosa historia recente, e faino dende o punto de vist...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,50 €18,53 €