Aprender a convivir

Aprender a convivir

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824927
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-492-7
Pàgines:
152
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
130
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

12,05 €

Després:

11,45 €
IVA inclòs

O obxectivo de aprender a convivir forma parte, cando menos de forma implícita, de todo o proceso educativo. Historicamente, ao sistema educativo, xunto coa familia, asignábaselle a aprendizaxe das normas de convivencia elementais para vivir en sociedade. O Informe á UNESCO da Comisión internacional sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors, resalta o de aprender a convivir como un  dos catro piares en que se debe sustentar a educación para o novo século. Aprender a convivir non é só un requirimento formal das nosas leis educativas senón unha necesidade inaprazable de todo proxecto educativo, tanto da familia como do conxunto do sistema educativo, sen  esquecernos dos medios de comunicación social. A aprendizaxe dunha convivencia respectuosa e solidaria é responsabilidade de toda a cidadanía e non só do profesorado. Todos os cidadáns deben achegar o seu grao de area para favorecer unha convivencia positiva nos diferentes ámbitos da vida: familia, escola, traballo, barrio ou cidade. Este libro é froito do programa educativo, promovido pola Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo, co obxectivo de aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecer hábitos de convivencia democrática nunha sociedade cada vez máis multicultural  e rexeitar a violencia como forma de resolución de conflictos. O autor, Xesús R. Jares, propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como liñas de actuación educativa, baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non-violenta dos conflictos. O volume complétase cun anexo documental onde se inclúe información sobre as características do programa promovido polo Concello de Vigo e os textos completos das declaracións sobre a violencia (Sevilla 1986), o Manifesto 2000 para unha cultura de paz e a non violencia, e da Declaración universal dos dereitos humanos.

Altres llibres de l'autor a Librería Artigas

Xerais a Librería Artigas

  • Contos de parvos e pillos, I -5%
    Titulo del libro
    Contos de parvos e pillos, I
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa Carreiras, Antonio
    Xerais
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • Guía das árbores de Galicia -5%
    Titulo del libro
    Guía das árbores de Galicia
    CASTRO, MARISA / FEIRE, LUIS / PRUN, ANTONIO
    Xerais
    No disponible

    21,00 €19,95 €

  • A vida secreta de María Mariño -5%
    Titulo del libro
    A vida secreta de María Mariño
    Alonso, Fran
    Xerais
    Este libro, escrito por Fran Alonso e ilustrado por Fino Lorenzo, presenta unha completa biografía e unha anto...
    No disponible

    8,25 €7,84 €

  • A narrativa mariña -5%
    Titulo del libro
    A narrativa mariña
    López Abente, Gonzalo
    Xerais
    A publicación destas novelas curtas, ou relatos, quere dar a coñecer parte da obra literaria do escritor muxi...
    No disponible

    20,95 €19,90 €

  • Fahrenheit 451 -5%
    Titulo del libro
    Fahrenheit 451
    Bradbury, Ray
    Xerais
    Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consis...
    No disponible

    13,80 €13,11 €