As cartas do destino.

As cartas do destino.

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887913
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA
ISBN:
978-84-8288-791-3
idioma:
GALEGO
Ample:
135
Alt:
210
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
MEMORIA

Descompte:

-5%

Abans:

21,20 €

Després:

20,14 €
IVA inclòs
Comprar

Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores e lectoras de maneira directa a través das cartas que se inclúen no libro que editorial Galaxia publica na colección Memoria. Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra. As dificultades da  vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro  no que os auténticos protagonistas falan en por si.

Matèria a Librería Artigas

Galaxia a Librería Artigas

  • Contos azuis -5%
    Titulo del libro
    Contos azuis
    Cabeza Quiles, Fernando
    Galaxia
    Azuis e de moitas outras cores -a cor da lembranza, a cor da nostalxia, tamén a cor da aventura e da ilusión-...
    No disponible

    14,40 €13,68 €

  • La isla de Cortegada en su historia -5%
    Titulo del libro
    La isla de Cortegada en su historia
    Pazos Pérez, Lino
    Galaxia
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • Reminiscencias de Bob Dylan -5%
    Titulo del libro
    Reminiscencias de Bob Dylan
    Moreno, Xosé Antonio
    Galaxia
    Unha áxil e vivísima recreación do mundo duns rapaces rebeldes, fascinados polos poetas da xeración beat e ...
    No disponible

    22,10 €21,00 €

  • NUNCA MASCOTAS -5%
    Titulo del libro
    NUNCA MASCOTAS
    CARBALLEIRA, PAULA
    Galaxia
    Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as p...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    10,50 €9,98 €

  • A fada das lapas -5%
    Titulo del libro
    A fada das lapas
    Janeiro, Manuel
    Galaxia
    Tras o éxito de Pucho, o habitador dos tellados, o seu primeiro libro de narrativa, o deseñador Manuel Janeir...
    No disponible

    17,20 €16,34 €