Diccionario de uso para a comunicación

Diccionario de uso para a comunicación

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024188
ISBN:
978-84-8302-418-8
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

23,35 €

Després:

22,18 €
IVA inclòs

Aínda que se define como diccionario de uso, ben pode cumpri-los cometidos dun diccionario de sinónimos ou mesmo dun ideolóxico. A razón de que prevaleza a denominación de uso é debida á intención de proporcionar toda a información que se considere oportuna para o correcto emprego das nosas voces, recorrendo á etimoloxía cando é preciso ou resulta ilustrativo, e disipando aquelas dúbidas que son habituais aínda fóra do ámbito da comunicación.O Diccionario de uso para a comunicación está estructurado en tres partes de dimensións desiguais: a primeira, breve en extensión, dedicada a algunhas dúbidas  e erros consolidados, trata de aclarar certas dúbidas referidas ó significante da palabra (plano da expresión), indicando cal é a súa forma correcta, como referidas ó significado (plano do contido), ou a problemas de carácter morfosintáctico; a segunda ós termos complementarios, parónimos, homónimos e cohipónimos; e a terceira, a máis longa, destinada ó estudio de familias léxicas, familias nocionais ou mesmo semánticas reúne series de termos cun contido semántico próximo. Cada serie vai encabezada por unha especie de palabra clave, que é a que figura como entrada, e o autor explica dunha maneira precisa o significado de cada un destes termos, de maneira que quede perfectamente clara a diferencia de significado existente entre eles.Estamos diante dun traballo cunha finalidade eminentemente práctica, destinado prioritariamente a resolve-las dúbidas máis frecuentes coas que se atopan os traballadores dos medios  de comunicación no desenvolvemento do seu labor, pero ó mesmo tempo non exento en moitos ca-sos dunha fonda erudición lingüística, que leva ó autor a introducir explicacións que facilitan a comprensión da decisión adoptada.Este traballo é un instrumento valioso para a mellora do nivel lingüístico nos medios de comunicación, na dobre vertente do signo lingüístico: na utilización das formas galegas correctas; e, polo outro, na precisión conceptual dos contidos.

Xerais a Librería Artigas

  • Xogando o xadrez -5%
    Titulo del libro
    Xogando o xadrez
    Castro Díaz, Juan Andrés
    Xerais
    No disponible

    9,50 €9,03 €

  • A historia dos tres porquiños -5%
    Titulo del libro
    A historia dos tres porquiños
    Jacobs, Joseph
    Xerais
    Había unha vez unha porca vella e os seus tres fillos. Como non tiñan dabondo para vivir, mandounos a facer p...
    No disponible

    6,70 €6,37 €

  • ONDE NACEN AS HEDRAS -5%
    Titulo del libro
    ONDE NACEN AS HEDRAS
    Varela, Ana
    Xerais
    " Onde nacen as hedras " é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do pr...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,50 €13,78 €

  • Matar o tempo -5%
    Titulo del libro
    Matar o tempo
    Valcárcel, Xesús
    Xerais
    No disponible

    13,00 €12,35 €

  • Atlas básico de Vigo
    Antic
    -5%
    Titulo del libro
    Atlas básico de Vigo
     
    Xerais
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    15,75 €14,96 €