Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824200
Año de edición:
Materia
DICCIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-9782-420-0
Páginas:
544
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
164
Alto:
222
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
DICCIONARIOS

Descuento:

-5%

Antes:

34,50 €

Despues:

32,78 €
IVA incluido

O Dicionario Ortgráfico da Lingua Galega, preparado polo lexicógrafo Xosé Feixó Cid, ofrece por vez primeira nun único volume a presentación do vocabulario normativo galego e das normas ortográficas  e morfolóxicas da lingua galega. Así na primeira parte, dedicada ao vocabulario, preséntase con claridade as formas normativas con indicación gramatical, remisión de formas sinónimas e indicación de formas incorrectas de uso frecuente. Canto ás normas ortográficas e morfolóxicas, que constitúen a segunda parte do dicionario, optouse para achegalas ao público consultor dun xeito simplificado e claro, ordenado alfabeticamente para unha mellor localización da cuestión obxecto de consulta. Así, o plural, o feminino, a acentuación, o artigo... poden localizarse de xeito máis rápido que buscándoos dentro de epígrafes máis xenéricas ás que ás veces o consultor non sabe dirixirse. Ademais, en poucas páxinas, ofrécese extractado, pero de forma completa, un dicionario de verbos co que todos eles poderán ser conxugados con seguridade, sen necesidade de introducirse na complexa teoría xustificatoria. A maiores, a obra ofrece tamén cuestións non puramente ortográficas ou morfolóxicas, pero sen dúbida de grande interese e consulta, como poden ser a colocación dos pronomes átonos na frase ou o nomenclátor oficial da toponimia, ou o uso de distintos signos, entre eles os de puntuación, ou a determinación de casos dubidosos de xénero. O Dicionario Ortográfico da Lingua Galega convértese no consultor ortográfico de máis alta fiabilidade no momento actual, polo que se refire ao vocabulario da nosa lingua, e no de máis doada consulta das normas ortográficas e morfolóxicas que a rexen, sen que por iso se perda nesa parte a máis mínima rigorosidade, e, en conxunto, sumados ambos capítulos, no máis completo.

Otros libros del autor en Librería Artigas

  • Iniciación ó galego -5%
    Titulo del libro
    Iniciación ó galego
    Feixó Cid, Xosé G.
    Ir indo
    No disponible

    11,27 €10,71 €

  • Dicionario galego dos nomes -5%
    Titulo del libro
    Dicionario galego dos nomes
    Feixó Cid, Xosé
    Xerais
    Este dicionario proporciona o máis amplo coñecemento sobre os nomes galegos de persoa e as súas traducións ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    31,50 €29,93 €

  • Diccionario escolar da lingua galega -5%
    Titulo del libro
    Diccionario escolar da lingua galega
    Feixó Cid, Xosé G.
    Ir indo
    No disponible

    11,27 €10,71 €

  • Diccionario práctico da lingua galega -5%
    Titulo del libro
    Diccionario práctico da lingua galega
    Feixó Cid, Xosé G.
    Ir indo
    No disponible

    15,89 €15,10 €

  • Dicionario Fraseolóxico Século 21 -5%
    Titulo del libro
    Dicionario Fraseolóxico Século 21
    Feixó Cid, Xosé;Mera Herbello, Heitor;Rodríguez Alonso, Manuel;Rodríguez Barcia, Moisés
    Proxecto seculo 21
    Manual de correspondencias e traducións dunha ampla e variada gama fraseolóxica.Máis de oito mil frases cast...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,90 €18,91 €

Materia en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas

  • As obras póstumas -5%
    Titulo del libro
    As obras póstumas
    Nº 03
    Giráldez, Diego
    Xerais
    Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €16,10 €

  • Antolín Faraldo, o gran soñador -5%
    Titulo del libro
    Antolín Faraldo, o gran soñador
    Fernández del Riego, Francisco
    Xerais
    Entre os pioneiros da idea do diferencialismo galego está este betanceiro que no século pasado perfilou a ide...
    No disponible

    13,35 €12,68 €

  • A tralla e a arroutada -5%
    Titulo del libro
    A tralla e a arroutada
    Souto, Xurxo
    Xerais
    No disponible

    6,45 €6,13 €

  • Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982) -5%
    Titulo del libro
    Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982)
    Rodríguez Polo, Xosé Ramón
    Xerais
    Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo de Xosé Ramón Rodríguez Polo aborda a estratexia que elaboraron...
    No disponible

    21,00 €19,95 €

  • España e Europa -5%
    Titulo del libro
    España e Europa
    Cancela Outeda, Celso;Rojo Salgado, Argimiro;Saco Álvarez, Alberto;González Fernández, Manuel;Pardellas de Blas, Xulio;López Viso, Mónica;Varela Álvar
    Xerais
    Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet nace España e Europa. Do franqu...
    No disponible

    20,20 €19,19 €