Vacacións 5 anos pompas de xabón

Vacacións 5 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148519
Año de edición:
ISBN:
978-84-9914-851-9
Páginas:
64
Idioma:
GALEGO
Ancho:
260
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VACACIONS

Descuento:

-5%

Antes:

14,50 €

Despues:

13,78 €
IVA incluido

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Xerais en Librería Artigas

  • Días de desterro -5%
    Titulo del libro
    Días de desterro
    López Rodríguez, Xavier
    Xerais
    No disponible

    10,10 €9,60 €

  • Humildar -5%
    Titulo del libro
    Humildar
    de Toro, Suso
    Xerais
    Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, ...
    No disponible

    7,50 €7,13 €

  • Cama e conto -5%
    Titulo del libro
    Cama e conto
    Moure, Gonzalo
    Xerais
    O que máis lle gustaba a Malva era que a súa nai lle contase un conto na cama. Para ela oír as palabras "cam...
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • ARQUITECTURAS DEBUXADAS -5%
    Titulo del libro
    ARQUITECTURAS DEBUXADAS
    Catalán, Santiago
    Xerais
    Un fermoso e didáctico percorrido pola historia, as rúas e as arquitecturas máis notables de Compostela debu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    38,50 €36,58 €

  • Augusta e os seus medos -5%
    Titulo del libro
    Augusta e os seus medos
    Fernández Trelles, Sabela
    Xerais
    Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non  consegue que ningún se lle cumpra....
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €13,78 €