A memoria de Vilagarcía

A memoria de Vilagarcía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820073
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-007-3
Páxinas:
120
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

Desconto:

-5%

Antes:

9,95 €

Despois:

9,45 €
IVE incluído

O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas no período de 1900 e 1936 , ademais de fotografías, mapas e marcas filatélicas, sobre a cidade de Vilagarcía. A partir de 1900 e ata aos tempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñas gráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daqueles tempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha ampla recompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vida urbana, principalmente nas categorías da vida comercial (mercados e transportes e pesca pola ría) e do vigoroso turismo do momento centrado no Balneario e nas praias.
 O presente volume demostra que a Vilagarcía daqueles tempos tiña un lugar preponderante nas grandes series de postais editadas en Madrid ou Barcelona; o gran esforzo de producción que neste eido fixeron fotógrafos e editores locais; así como tamén a importancia da cidade que se reflectía nas postais editadas por empresas de París, Irún ou Berlín. A orixe de todas estas pezas amosa a importancia do porto de Vilagarcía a principios do século XX, tanto para os barcos de pasaxe (inicio do turismo de "cruceiro") ou de emigrantes, así como a calidade de "porto refuxio" da ría de Arousa para as flotas de guerra (en particular da armada Inglesa).
 Iníciase o volume coa reproducción do "Plano da Ría de Arousa", realizado por Domingo Fontán en 1828, e coa reproducción dun gravado do palacio de Vista Alegre de 1879. Continúa cun texto literario, "Vilagarcía, eterna lembranza", onde o escritor vilagarcián Manuel Seixas, evoca a súa Vilagarcía antiga e sempre eterna na memoria, para  dar paso ao discurso gráfico. Dende as primeiras vistas xerais dende a ría ou dende Vista Alegre, o libro propón unha visita pola Vilagarcía tradicional: a casa do Concello e os xardíns de Ravella, a Alameda, a Porta do Sol...son espacios que se recuperan para a memoria  no presente volume.

Materia en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas

  • (G).(08).PAPU 0 ANOS. *GALEGO* -5%
    Titulo del libro
    (G).(08).PAPU 0 ANOS. *GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    19,00 €18,05 €

  • O meu gato é un poeta -5%
    Titulo del libro
    O meu gato é un poeta
    Alonso, Fran
    Xerais
    O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • La Belle Otero -5%
    Titulo del libro
    La Belle Otero
    Seoane, Luis / Díaz Martínez, Carlos
    Xerais
    Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a ...
    No disponible

    46,35 €44,03 €

  • A memoria de Ourense -5%
    Titulo del libro
    A memoria de Ourense
    Diaz Martinez, Carlos / Ed. Lit.
    Xerais
    A Memoria de Ourense é a terceira entrega dos albums de postais que Xerais ven publicando nos últimos anos. D...
    No disponible

    74,20 €70,49 €

  • Bieito Dubidoso -5%
    Titulo del libro
    Bieito Dubidoso
    Cameselle, Roque
    Xerais
    Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a  velocidade da luz e a exactitude do ...
    No disponible

    14,90 €14,16 €