Desconto:
-5%Antes:
Despois:
13,87 €Con As doce e sereno regresa Manuel Guede Oliva, catorce anos despois da publicación do seu primeiro poemario Contra Serenou, a aquela cidade finxida que algúns tiveron a certeza de que se trataba do reverso dun espello chamado Ourense.Serenou, a patria exclusiva da poesía de Manuel Guede, recúperase en As doce e sereno, un extenso poemario que en palabras do autor constitúe "unha homenaxe aos serenos, os donos da tristeza e os reis da noite" e un novo exercicio de derrotas. O poemario está organizado nos seguintes apartados: "Consumación de rupturas", "Axuste de contas", "Seixalbo", "Anecdotario e paisaxe", "Neboeira privada" e "Emboscadura e límites". Péchase cun epílogo, "Para regularlle estatuto a unha cidade en néboa", onde o autor expresa o seu orgullo de formar parte dunha estirpe de serenos das noites de Serenou, asumindo con chulería a maldición do estranxeiro. As doce e sereno é un banzo máis na construcción dese libro de Serenou, a cidade que escribe Manuel Guede.