Desconto:
-5%Antes:
Despois:
8,46 €Esta novela, a segunda dunha triloxia, estructúrase en dúas partes. Na primeira, coñecémo-la historia de Ferreol, o xefe dun dos clans celtas que vivÃan en Galicia.Ferreol vai pedirlle ó reà Artús que o acolla entre os seus, prometéndolle fidelidade. Fanlle unhas probas que resolve con éxito, e é aceptado entre os súbditos do reà Artús.Coñece a Dama Rovena, coa que namora e casa. Ferreol morre nun combate cos inimigos do reà Artús. Pauco despois, Rovena dá a luz a Brandón, fillo de Ferreol.Cando o neno tiña dous anos, ráptano as fadas que habitan na lagoa de Antela. Deirdre, unha das fadas, namórase de Brandón e fai que permaneza canda ela, no fondo da lagoa.Na segunda parte, cóntaseno-la vida de Brandón na lagoa. O Rei do Mar e das Augas castiga a Deirdre por quedar co neno: non poderá velo con forma humana e, ademais, Brandón poderá ver sempre a Dama Rovena, a través dun grande espello.A historia enlaza aquà co 1º libro da triloxÃa, A princesa Lúa e o enigma de Kián. Brandón ve que a carón de súa nai Rovena hai unha nena, a princesa Lúa, filla do reà Artús. Rovena educa a Lúa e, sen sabelo, vai tamén educando a Brandón.Lúa será a persoa elixida para desface-lo.maleficio que mantiña preso a Brandón e, despois dunha serie de probas, conseguirá liberalo. Lúa e Brandón casan e desa unión nacen dúas fillas, que protagonizarán a terceira novela da triloxÃa.