Elementos de crítica literaria

Elementos de crítica literaria

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822534
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-253-4
Páxinas:
696
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

Desconto:

-5%

Antes:

36,30 €

Despois:

34,49 €
IVE incluído

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo  de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas  dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas.  "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e  Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo  Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Angeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

Xerais en Librería Artigas

  • KANT.TEXTOS FILOSOFIA COU XERFIL
    Antigo
    -5%
    Titulo del libro
    KANT.TEXTOS FILOSOFIA COU XERFIL
    Calviño Pueyo, Xosé
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    4,75 €4,51 €

  • Nus -5%
    Titulo del libro
    Nus
    Gago, Manuel
    Xerais
    Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país,  mantén unha dobre vida na intimidad...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,95 €20,85 €

  • (g).caderno profesorado secundaria.(2012-2013) -5%
    Titulo del libro
    (g).caderno profesorado secundaria.(2012-2013)
     
    Xerais
    No disponible

    8,40 €7,98 €

  • (09).LENGUA ESPAÑOLA 2O.BACH.(XERAIS) -5%
    Titulo del libro
    (09).LENGUA ESPAÑOLA 2O.BACH.(XERAIS)
    Ariza Conejero, Julio;Coca Mérida, Ildefonso;González Romano, Juan Antonio
    Xerais
    No disponible

    36,60 €34,77 €

  • O traxe -5%
    Titulo del libro
    O traxe
    Castro Paredes, José Fernando
    Xerais
    Un home sae do hospital despois de varias operacións e padecementos. Está moi enfermo. Regresa á súa casa p...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,50 €15,68 €