Feroz, o lobo

Feroz, o lobo

EAN:
9788498714975
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-9871-497-5
Páxinas:
36
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
220
Alto:
280
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
O

Desconto:

-5%

Antes:

16,00 €

Despois:

15,20 €
IVE incluído

Feroz, o lobo,
 pasara a noite toda
 deambulando polo bosque.
 Andaba tan atarefado
 que nin tempo tivera de lle ouvear á lúa,
 cousa imprescindible na vida dun lobo.
 
 Cando esperta, Feroz, arránxase e sae a toda présa en busca de Carapuchiña. Pasa pola casa da avoa, da nai e finalmente pola dos tres  porquiños. Pero, non só non dá con ela, senón que polo camiño recibe insultos, guíndanlle unha xerra de auga e ata un ladrillo. Ferido, coxo e con fame de lobo, adéntrase no bosque, onde por fin a atopa. Con tino, achégase a ela, mais Carapuchiña asústase e, ao berrar, un cazador dispara a Feroz, que bate co corpo no chan...
 
 Nesta nova colaboración con OQO editora, Margarita del Mazo confesa escribir esta historia "para reconciliarse cos personaxes do conto", posto que non lle gustaba nada, e aínda menos cando a súa nai engadía:  "Iso ocorreulle a Carapuchiña por non obedecer á súa nai!". A autora céntrase no personaxe do lobo, un lobo que, empeñado en atopar a Carapuchiña, tópase co menosprezo de todos os que se lle cruzan no camiño. A súa mala fama inxustificada, polo menos neste conto, perségueo.
 
 Rapidamente, o lector decátase de que as aparencias enganan e de que é  aconsellable poñer en dúbida as ideas preconcibidas xa que, moitas veces, poden facernos pensar de modo equivocado. É convinte evolucionar co devir do tempo, como argumenta a autora, que tamén cambiou o seu punto de vista sobre o conto orixinal: "Esta forma de pensar mudou coa idade. E agora fascíname este personaxe. Gústanme todas as Carapuchiñas diferentes: as espertas, as descaradas, as que saben enganar os lobos...".
 
 Atraída pola liberdade que lle brinda o texto, a ilustradora Leire Salaberria, na súa terceira colaboración con OQO editora, ofrécenos unha proposta plástica pensada coma se fose unha curtametraxe de animación, que nos permite seguir o protagonista ao longo da historia e participar de todo o que lle vai acontecendo.
 
 Unha paleta de acrílicos en tons fríos fai alusión ao mundo de Feroz, que contrasta coas cores máis calidas, como as vermellas e as fucsias,  reservadas para o mundo de Carapuchiña. As cores amarelas aportan "ese punto de loucura onde todo é bastante surrealista", apunta a ilustradora, que afirma tamén gozar creando personaxes con formas de prantas e rochas, que non aparecen na narración escrita. O seu particular punto de vista móstranos un lobo máis humano (vive nunha casa, conduce, cociña, pasa o ferro...), e a unha Carapuchiña "máis lobuna", non en balde a súa carapucha ten orellas.
 
 Texto e imaxe, tinguidos de humor, de suspense e dun punto de terror, parten dun conto tradicional para afastarse
 del e conducirnos cara un desenlace doce e aberto, co que os lectores mozos gozarán de cada detalle da historia.
 A ilustradora recibiu a mención de honra polas ilustracións desta obra  durante a feira do libro dos Emiratos
 Árabes 2014: Sharjah International Book Fair.

Outros libros do autor en Librería Artigas

  • Le masque du lion -5%
    Titulo del libro
    Le masque du lion
    Nº 61
    del Mazo Fernandez, Margarita
    Une nuit, Papa Lion visita le pivert et lui commanda un masque léger comme une plume, froid comme la hain...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • Malapota i el Bagul del tresor -5%
    Titulo del libro
    Malapota i el Bagul del tresor
    Del Mazo Fernandez, Margarita / Nieto Guridi, Raul
    Jaguar
    El pirata Malapota solcava les mars a bordde la seva galeón, el Pet Fosc, i la sevaatemorida tripulació. Una ...
    No disponible

    15,50 €14,73 €

  • ELS PLANETES -5%
    Titulo del libro
    ELS PLANETES
    Del Mazo Fernández, Margarita
    Jaguar
    Margarita del Mazo i Cecilia Moreno tornen a unir el seu talent de la nostra col·lecció dedicada als més pet...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    9,00 €8,55 €

  • EYE GLASSES -5%
    Titulo del libro
    EYE GLASSES
    Mazo Fernández, Margarita del
    Fragatina
    Carlitos es un nin_o pequen_o y bajito que solo tiene ojos para Ine_s.  Sin embargo, ella, una nin_a alta y gua...
    No disponible

    16,00 €15,20 €

  • A máscara do leão -5%
    Titulo del libro
    A máscara do leão
    Del Mazo Fernandez, Margarita
    Uma noite, o papá Leão foi visitar o pássaro carpinteiro e encomendou-lhe uma máscara leve como uma pe...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

Materia en Librería Artigas

  • Candela. Misión tornillo -5%
    Titulo del libro
    Candela. Misión tornillo
    Rodríguez, Mónica
    Anaya
    En esta aventura Candela deberá recuperar el tornillo que Frankestein ha perdido en Estocolmo. ¿Qué locuras ...
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • Kit bricolandia escubidus brillantes -5%
    Titulo del libro
    Kit bricolandia escubidus brillantes
    AA.VV
    Fleurus
    No disponible

    7,95 €7,55 €

  • El mensaje de maese Zamaor -5%
    Titulo del libro
    El mensaje de maese Zamaor
    Molina Llorente, Pilar
    Maese Zamaor, pintor de cámara de Cártulo II (rey de Fartuel), se ve envuelto en conspiraciones, intrigas pal...
    No disponible

    8,25 €7,84 €

  • LENDAS DA FLORESTA -5%
    Titulo del libro
    LENDAS DA FLORESTA
    AA.VV
    Girassol ediÇoes
    Nesta Primeira Biblioteca as crianças encontrarão muitas histórias de bruxas, dragäes, gigantes, gnomos, fa...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    6,38 €6,06 €

  • Il club dei ragazzi coraggiosi (ITA) -5%
    Titulo del libro
    Il club dei ragazzi coraggiosi (ITA)
    Sobenes, Araceli
    Babidi-bu
    Un libro per i più piccoli per scoprire una nuova mascolinitàQuesto libro racconta di un gruppo di sei amici,...
    No disponible

    15,95 €15,15 €