Galicia, Galicia

Galicia, Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024706
ISBN:
978-84-8302-470-6
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

Desconto:

-5%

Antes:

20,20 €

Despois:

19,19 €
IVE incluído

Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos anos e publicada en El País, La Voz de Galicia e A Nosa Terra. A edición correu a cargo de Xosé Mato Fondo que a organizou nas seguintes series: "O conservador país onde non existen os conservadores" (Premio Fernández Latorre de periodismo); "No mellor país do mundo" (serie publicada en La Voz de Galicia); "Terra Cha, cha, cha, cha" (sobre a viaxe de Manuel Fraga a Cuba); "A Campaña do Ogro" (sobre as eleccións de 1993); "A Campaña do  Botafumeiro" (sobre as eleccións de 1997); "O gaiteiro solitario" (serie publicada en A Nosa Terra); "Toca madeira" (serie publicada en La Voz de Galicia); "O pleonasmo de Don Manuel"; "Oración fúnebra pola  Orquestra do Vento" (texto lido con motivo da homenaxe ós mortos na Guerra Civil, en Tui no pasado mes de agosto).A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación, dise na significativa cita de Ambrose Bierce que abre este libro. Galicia, Galicia é un exercicio que aúna liberdade, imaxinación e humor as tres mellores lanzadeiras do tear da tradición cultural galega. O estilo de Galicia, Galicia non  é de arroutada senón dunha tranquila sátira enfiada con sutileza ó longo de dez anos de periodismo crítico. A lectura de "No mellor país do mundo", por exemplo, escrita no comezo da xeira Fraga, resulta hoxe  dunha comicidade delirante pero é tamén dunha sorprendente e cumprida  profecía. Manuel Rivas, como un gaiteiro solitario e non en bandada marcial usa a liberdade, a imaxinación e o humor contra a grande maquinaria da chamada Pax Fraguiana: a propaganda. Galicia, Galicia é unha obra histórica e de historia, do presente que aínda vivimos, e que non trata só dun personaxe senón de todo un tempo.

Outros libros do autor en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas

  • A idea de nación en Castelao -5%
    Titulo del libro
    A idea de nación en Castelao
    Máiz, Ramón
    Xerais
    Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política na Universidade de Santiago, elabora en A idea de nación en Ca...
    No disponible

    7,10 €6,75 €

  • Os megatoxos e a cara oculta de Lúa -5%
    Titulo del libro
    Os megatoxos e a cara oculta de Lúa
    Fariña, Anxo
    Xerais
    Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no  instituto, cunha dobre vida que os imp...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,95 €15,15 €

  • Ramón Piñeiro. Os días ocultos -5%
    Titulo del libro
    Ramón Piñeiro. Os días ocultos
    Ameixeiro, Daniel
    Xerais
    Nesta novela de Daniel Ameixeiro os fíos da memoria vanse enguedellando e desenguedellando nun relato no que R...
    No disponible

    12,65 €12,02 €

  • As cidades mergulladas -5%
    Titulo del libro
    As cidades mergulladas
    Miranda, Xosé
    Xerais
    Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado ...
    No disponible

    25,70 €24,42 €

  • A lei do mar -5%
    Titulo del libro
    A lei do mar
    Esteban, Manuel
    Xerais
    «A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen ...
    Próximo lanzamento! Dispoñible dende o 18-09-2025

    17,50 €16,63 €