HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV. De 1936 a 1975. A " longa noite "

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491214816
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-481-6
Páxinas:
544
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LINGUA E LITERATURA

Desconto:

-5%

Antes:

28,50 €

Despois:

27,08 €
IVE incluído
Notificar dispoñibilidade

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da  nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014); «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades» (Xerais 2016), e «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975: A longa noite» (Xerais 2019).
 En liña co labor anterior, o autor alicerza unha narración documentada  da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e  os últimos días de 1975. Trátase do período da «longa noite de pedra», a partir do célebre título de Celso Emilio Ferreiro, pero tamén, desde mediados dos anos 60 e ao longo da primeira metade dos 70, do momento en que se anuncia a alborada do Segundo Rexurdimento das nosas letras, que se habería de producir tras a fin da ditadura franquista e a restauración das liberdades democráticas en España. Corenta anos de sombras e de marxinación, pois, mais tamén corenta anos de loita, de esperanzas e de logros decisivos, alumeados polas luces escintilantes dalgúns dos nomes e dos textos máis significativos  na traxectoria das letras de noso.
 Percibir a obra literaria como parte dun organismo vivo, resultado da interacción constante entre a mobilización galeguista/nacionalista e os proxectos dos diferentes autores; considerala nas coordenadas socioculturais e sociopolíticas; procurar a textualidade de cada creador; abordar o macrotexto que se conforma nas súas converxencias verticais e horizontais, todo iso determina a proposta que Xosé Ramón Pena leva a termo, alén de prexuízos e de clixés, ao longo destas páxinas. Sen dúbida, un percorrido a través dun tempo tan cheo de dificultades como fascinador.

Outros libros do autor en Librería Artigas

Materia en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas

  • O mundo máxico de Lía -5%
    Titulo del libro
    O mundo máxico de Lía
    Santiago, Eduardo
    Xerais
    Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €

  • Outra Galiza -5%
    Titulo del libro
    Outra Galiza
    De Toro, Suso
    Xerais
    As páxinas dÆ Outra Galiza, escritas dende 2003 á primavera de 2008, naceron do diálogo do escritor Suso de...
    No disponible

    21,95 €20,85 €

  • Aníbal e a pintora -5%
    Titulo del libro
    Aníbal e a pintora
    Nº 404
    Paz, Xabier
    Xerais
    Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta ver...
    No disponible

    22,50 €21,38 €

  • As máscaras de Cronos -5%
    Titulo del libro
    As máscaras de Cronos
    Caride, Ramón
    Xerais
    As máscaras de Cronos reúne a poesía de Ramón Caride entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éd...
    No disponible

    23,60 €22,42 €

  • (G).(09).MATEMATICAS II 2O.BACH.(NATURAIS) XERAIS -5%
    Titulo del libro
    (G).(09).MATEMATICAS II 2O.BACH.(NATURAIS) XERAIS
    Arias Cabezas, José María;Maza Sáez, Ildefonso
    Xerais
    No disponible

    36,65 €34,82 €