Historia da literatura infantil e xuvenil galega

Historia da literatura infantil e xuvenil galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148458
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-9914-845-8
Páxinas:
504
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
235
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

Desconto:

-5%

Antes:

30,50 €

Despois:

28,98 €
IVE incluído
Notificar dispoñibilidade

A presente Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega é o resultado dun traballo conxunto no que participa un grupo de profesionais que levan anos vinculadas á investigación neste eido, baixo a coordinación de Blanca-Ana Roig Rechou. A súa principal pretensión é cubrir o baleiro existente ao redor do coñecemento sistemático da produción que se destina ao público lector infantil e xuvenil, na actualidade felizmente canonizada e que conta xa con auténticos clásicos que conviven coas voces que se foron incorporando ao longo dos anos, como reflicte este traballo.
 A partir da organización secuencial en séculos, e seguindo a metodoloxía establecida polas teorías sistémicas e as achegas doutros paradigmas teóricos, os seis capítulos nos que se estrutura o volume van conformando un percorrido historiográfico no que se describen as diferentes etapas existentes na constitución do sistema literario infantil e xuvenil, atendendo aos factores e axentes que propiciaron a  súa conformación e asentamento, e á análise das obras dos xéneros literarios canónicos.
 As investigadoras que realizaron este traballo (Blanca-Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto) están vinculadas ás seguintes iniciativas e institucións que acollen a Literatura Infantil e Xuvenil: o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» da USC; a Rede temática de investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI); os proxectos «Informes de Literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil» do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; a Asociación galego-portuguesa de investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, e a Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia.

Outros libros do autor en Librería Artigas

Materia en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas

  • O Pazo Baleiro -5%
    Titulo del libro
    O Pazo Baleiro
    DoCampo, Xabier P.
    Xerais
    A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vell...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,50 €9,98 €

  • Os incendios forestais -5%
    Titulo del libro
    Os incendios forestais
    Alvarez Sousa, Antonio
    Xerais
    Co cambio dunha sociedade tradicional a unha sociedade moderna o monte  pasou a desempeñar novas funcións, qu...
    No disponible

    11,70 €11,12 €

  • Globalización e cambio de milenio -5%
    Titulo del libro
    Globalización e cambio de milenio
    Petras, James F.
    Xerais
    No disponible

    23,00 €21,85 €

  • Ao pé da Laxa da Moa -5%
    Titulo del libro
    Ao pé da Laxa da Moa
    Cortizas, Antón
    Xerais
    Ao pé da Laxa da Moa de Antón Cortizas recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria ora...
    No disponible

    20,85 €19,81 €

  • Estrema. Derrota -5%
    Titulo del libro
    Estrema. Derrota
    Dans Mayor, Raúl
    Xerais
    Unha temática urbana, contemporánea, universal é a que se percibe en Derrota, obra cronoloxicamente anterior...
    No disponible

    10,10 €9,60 €