No ventre do silencio

No ventre do silencio

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023693
ISBN:
978-84-8302-369-3
Páxinas:
192
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

20,50 €

Despois:

19,48 €
IVE incluído
Comprar

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do  autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: "Cada xeración deberá fabricar a súa cidade" (Antonio Sant´Elia) , "Permitín á cidade  entrar na miña mente" (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro "Troianos Redivivos" (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956. No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha  novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular -leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do  silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo.No ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral que pecha o século.

Outros libros do autor en Librería Artigas

  • Vigo, fronteira do alén (edición luxo) -5%
    Titulo del libro
    Vigo, fronteira do alén (edición luxo)
    Luís Méndez Ferrín, Xosé
    Ir indo
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    90,26 €85,75 €

  • Con pólvora e magnolias -5%
    Titulo del libro
    Con pólvora e magnolias
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na nosa lírica contemporánea. Unha certa perspect...
    No disponible

    8,95 €8,50 €

  • Amor de Artur -5%
    Titulo del libro
    Amor de Artur
    Méndez Ferrín, Xosé Luis
    Impedimenta
    X. L. Méndez Ferrín es, sin duda, el más importante escritor vivo en lengua gallega. Autor totémico, refere...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €18,95 €

  • Crónica de nós -5%
    Titulo del libro
    Crónica de nós
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    No disponible

    10,75 €10,21 €

  • Elipsis e outras sombras -5%
    Titulo del libro
    Elipsis e outras sombras
    Méndez Ferrín, X. L.
    Galaxia
    No disponible

    9,00 €8,55 €

Xerais en Librería Artigas

  • O libro das viaxes imaxinarias -5%
    Titulo del libro
    O libro das viaxes imaxinarias
    DoCampo, Xabier P.
    Xerais
    O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrici...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,50 €15,68 €

  • Bartleby, o escribente -5%
    Titulo del libro
    Bartleby, o escribente
    Melville, Herman
    Xerais
    Bartleby é un escribente excelente que despacha unha cantidade extraordinaria de documentos na oficina de Wall...
    No disponible

    11,50 €10,93 €

  • (G).(07).PAPAPAPU 5 ANOS-1O.TRIM.*GALEGO* -5%
    Titulo del libro
    (G).(07).PAPAPAPU 5 ANOS-1O.TRIM.*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    33,00 €31,35 €

  • Pioneiros na corrente do Golfo -5%
    Titulo del libro
    Pioneiros na corrente do Golfo
    Villaverde, Elixio
    Xerais
    Tras a independencia de México, os decretos de expulsión marcaron o punto álxido da descolonización. A part...
    No disponible

    34,50 €32,78 €

  • As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000) -5%
    Titulo del libro
    As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000)
    Máiz Vázquez, Bernardo
    Xerais
    As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000) é un traballo onde o autor artella unha sólida estru...
    No disponible

    18,80 €17,86 €