NUNHA PRESA DE TERRA
 IBD

NUNHA PRESA DE TERRA

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872832
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-283-2
Páxinas:
184
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

16,00 €

Despois:

15,20 €
IVE incluído
Comprar

Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hai ningún etnografismo, hai vida. Os personaxes son verdadeiros: son persoas, non tipos. Eu non os coñecín, pero recoñézoos con todas as súas luces e sombras, con todas as súas infinitas facetas: o pai atormentado polo seu alcoholismo irremediable, a prodixiosa mai intelixente e valorosa e triste, o amor imperfecto pero fatídico entre  os dous, a esperanza terque no futuro. E o neno que medra e cambia. E  a vida tal como é, ou como era.
Coincide o tempo desta novela cunha mudanza feroz: Paco Castro e mais eu nacemos case na agricultura  neolítica, e nos anos da nosa infancia e mocidade unha cultura milenaria foi destruída sen dar lugar a algunha cousa nova e propia, senón a unha aculturación, a unha asimilación, a unha colonización. Isto é algo que tamén conta John Berger de sitios que chamamos Francia. E o mesmo: Paco Castro cóntao de nós, e tampouco non fai etnografía, porque el está radicalmente da parte de dentro.
 Podiamos meternos en comparanzas, pero isto é diferente: diferente das  grandes novelas de nenos labregos da nosa literatura, que son, digo eu, as Aventuras de Alberte Quiñoi e as Memorias dun neno labrego. Isto é outra cousa: está máis preto de nós. E doe máis. Cantas veces pensaría eu en escribir unha novela así, e nunca me atrevín! Grazas a Paco Castro por escribila e darma a ler.
Darío Xohán Cabana

Outros libros do autor en Librería Artigas

Materia en Librería Artigas

Laiovento (ibd) en Librería Artigas

  • VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza
    EMILIO GRANDÍO (EDITOR)
    Laiovento (ibd)
    VIXIADOSRepresión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939)O caso galego resulta de s...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,00 €18,05 €

  • HISTORIA LITERARIA E CONFLITO CULTURAL NA GALIZA
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    HISTORIA LITERARIA E CONFLITO CULTURAL NA GALIZA
    Isaac Lourido
    Laiovento (ibd)
    HISTORIA LITERARIA E CONFLITO CULTURAL.Bases para umha história sistemica da literatura na GalizaPrémio Ricar...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    36,00 €34,20 €

  • BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS INFAMES
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS INFAMES
    Francisco-Xavier Redondo Abal
    Laiovento (ibd)
    Vas ler algo que fai abanear o mobiliario histórico. Vas recibir unha información perturbadora, un deses estr...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €15,20 €

  • A DAMA DA NOITE
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A DAMA DA NOITE
    Xavier Seoane
    Laiovento (ibd)
    Lémbrando a ROSALÍA DE CASTROOs derradeiros momentos da vida dunha  muller. As lembranzas agroman no leito en...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €14,25 €

  • O TARTUFO
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O TARTUFO
    Molère
    Laiovento (ibd)
    «O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,80 €12,16 €