O corsario

O corsario. Vida e tempos de Juan Gago de Mendoza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497823791
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-379-1
Páxinas:
128
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
221
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

Desconto:

-5%

Antes:

17,15 €

Despois:

16,29 €
IVE incluído

Juan Gago de Mendoza, o señor do Chirleu, foi un dos capitáns e armadores corsarios galegos que máis destacou durante a guerra de guerrillas que se librou no mar contra os ingleses a finais do século XVIII e principios do XIX. Posteriormente, tamén se sinalou organizando en terra a guerrilla contra os franceses, como comandante das alarmas do Morrazo, durante a Guerra da Independencia. Nacido en 1761 na Casa da Brea, na feligresía de San Tomé de Piñeiro, no camiño entre Marín e Bueu, protagoni-zou, xunto con seus irmáns (José Bernardo, Manuel e Antonio) e a bordo de distintas embarcacións (a basca Guerra, a pinaza Vencedora, o quechemarín Prodigioso, o falucho Triunfo, a lancha Terrible ou a em-blemática goleta Peregrina Brillante) algún dos episodios máis apaixonantes do corso galego, como  a caza á que foi sometido pola corbeta inglesa Kinisfin. Froito dunha  investigación rigorosa e moi documenta-da, Alberto Fortes ofrece un trepidante relato, onde a presenza constante do mar e a reconstrución da biografía épica do Señor do Chirleu e dos membros da súa familia permite descubrir ao lector de hoxe a historia descoñecida do corso no  sur das rías galegas.

Outros libros do autor en Librería Artigas

Materia en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas