O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO. Santa Comba de Xallas 1941-1963

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149912
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páxinas:
152
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
MEMORIA

Desconto:

-5%

Antes:

19,50 €

Despois:

18,53 €
IVE incluído

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó  xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
 É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben  pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil.  Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
 Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
 Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio  galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
 Xesús Alonso Montero

Materia en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas

  • Estatuto xurídico da lingua galega -5%
    Titulo del libro
    Estatuto xurídico da lingua galega
    Ferreira Fernández, Antonio Xavier;Nogueira López, Alba;Tato Plaza, Anxo;Villares Naveira, Luís
    Xerais
    ¿Cales son os dereitos lingüísticos? ¿Como están regulados? ¿Como podemos defendelos? ¿En qué lingua fa...
    No disponible

    21,80 €20,71 €

  • HEREDEIROS DA CRUS -5%
    Titulo del libro
    HEREDEIROS DA CRUS
    Díaz Ageitos, Antonio
    Xerais
    Ordes, A Coruña, marzo de 2012. Na vila hai un especial rebumbio. É un  lugar tradicional de marcha nocturna,...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,50 €23,28 €

  • Lingua e literatura galega. Probas de Selectividade 2008 -5%
    Titulo del libro
    Lingua e literatura galega. Probas de Selectividade 2008
    Mosteiro García, Manuel Antón
    Xerais
    No disponible

    12,40 €11,78 €

  • Os Eidos. O libro do Courel -5%
    Titulo del libro
    Os Eidos. O libro do Courel
    Novoneyra, Uxio
    Xerais
    Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse  de inmediato nunha das máis intensas...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €18,53 €

  • A Muller Xabaril -5%
    Titulo del libro
    A Muller Xabaril
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelec...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €