Desconto:
-5%Antes:
Despois:
23,56 €A obra poética de Ramón Otero Pedrayo é unha obra rica e multiforme. Escritos entre 1925 e 1975, dos noventa e cinco poemas incluÃdos en PoesÃa, algúns moi extensos, vinte e cinco son inéditos. O libro recolle tamén poesÃa en castelán e poemas traducidos doutras linguas coma o latÃn, o francés e o alemán. Asà e todo, e como advirte Alonso Montero na introdución, o volume "non ofrece a obra poética completa" de Otero Pedrayo aÃnda que recolla a totalidade dos poemas éditos e unha boa parte dos inéditos, pois non se inclúen poemas incompletos, ou en fase de borrador, do que é un corpus poético de manuscritos certamente grande. Trátase dunha compilación "representativa, no esencial, de Ramón Otero Pedrayo como poeta" xa que, como afirma Alonso Montero, "os textos que se exhumen no futuro limitaranse a reforzar e ampliar a figura e os acordes que o presente volume ofrece da súa poesÃa". PoesÃa como celebración e homenaxe, como meditación diante da paisaxe; versos goliardescos e de amizade arrequentados polo galego esplendoroso e inesgotable do seu autor.
Por primeira vez publÃcase reunida nun volume a obra poética de Ramón Otero Pedrayo, en edición de Xesús Alonso Montero, libro no que se recollen tanto poemas éditos coma inéditos do autor de "Bocarribeira".