REMEDIOS DA NOSA HORTA MEDICINAL

REMEDIOS DA NOSA HORTA MEDICINAL

Editorial:
Baia
EAN:
9788499953168
Ano de edición:
Materia
NATUREZA
ISBN:
978-84-9995-316-8
Páxinas:
212
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
195
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BAIA VERDE:GUIA NATUREZA

Desconto:

-5%

Antes:

27,60 €

Despois:

26,22 €
IVE incluído
Notificar dispoñibilidade

A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina.  Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a  transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva. 
 Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son as mesmas receitas e están elaborados coas mesmas herbas que utilizaban as nosas avoas. Foron seleccionados desde o convencemento de que a medicina que necesitamos está aquí, aos nosos pés, recusando os remedios exóticos e as panaceas que nos ofrece a industria baixo a etiqueta de ?natural?, pero sen ignorar que a medicina popular ten que estar viva e, polo tanto, permeábel a novos coñecementos e novas adquisicións.
 
 Coa convicción de que os saberes tradicionais sobre plantas medicinais  non son soamente historia, nin deben ficar ancorados no pasado ou convertidos en obxectos de museo, esta guía ofrécenos un punto de partida para comezar a tecer na vella rede da medicina popular coas nosas propias experiencias e a formar parte da cadea de transmisión da  sabedoría ancestral do noso pobo sobre autoxestión da saúde.

Materia en Librería Artigas

Baia en Librería Artigas