Restra de letras

Restra de letras

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028643
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-8302-864-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Desconto:

-5%

Antes:

14,75 €

Despois:

14,01 €
IVE incluído

Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Está enfocado a mellorar a competencia lingüística do alumnado, fundamentalmente no que se refire á ortografía e ao léxico, aínda que tamén pode ser de axuda en cuestións de literatura. Como o seu propio nome indica, co que se xoga é con letras e con palabras (non hai xogos  de números, por exemplo). Polo tanto, pódese considerar como unha ferramenta de moita utilidade para o seu uso na aula.O libro consta de  dous niveis segundo a dificultade de resolución dos xogos. No nivel 1  (dirixido fundamentalmente a rapaces e rapazas do 1º ciclo de ESO) propóñense 16 tipos de xogos diferentes, mediante os cales se poden traballar aspectos de léxico (cruzada visual, sopa de letras), ortografía (a serpe, tres eran tres, sílaba fixa, incógnita, encrucillado), literatura (fuga de vocais, trasnadas) e mesmo de desenvolvemento do razoamento lóxico (xeroglíficos).No nivel 2 (dirixido ao 2º ciclo de ESO) increméntase a dificultade e a diversidade dos xogos (30 diferentes). Ao igual que acontecía co nivel  1, tamén aquí se pode tirar partido dos pasatempos para completar o coñecemento en distintos niveis da gramática e ademais, propóñense fórmulas que requiren unha maior perspicacia para a resolución dos xogos (encrucillado branco, brincadeira, autodefinido branco). Neste nivel tamén se lle concede máis importancia ao ámbito literario, xa que moitos dos xogos baséanse na descuberta de títulos e pasaxes de obras literaria, de nomes de escritores, etc.Como se dixo ao comezo, Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Iso si,  non é un método didáctico, nin pretende abranguer ningún ámbito determinado no estudio da lingua, porque todos os xogos que nel se propoñen, axudan a mellorar a comprensión e expresión escrita de quen se achegue ás súas páxinas.

Outros libros do autor en Librería Artigas

Materia en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas

  • Cabalos de vento. Curros de pedra -5%
    Titulo del libro
    Cabalos de vento. Curros de pedra
    Teniente, Xavier;Guillermo, Xosé
    Xerais
    O fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente desapareci-do, desenvolveron en Cabalos d...
    No disponible

    23,95 €22,75 €

  • Carta das illas Bailarinas -5%
    Titulo del libro
    Carta das illas Bailarinas
    Prévert, Jacques
    Xerais
    As lilas Bailarinas chámanse así porque segundo os mariñeiros nunca paraban quietas. Amáis pequerrechiña d...
    No disponible

    7,30 €6,94 €

  • Camiño perigoso -5%
    Titulo del libro
    Camiño perigoso
    Loureiro, Ánxela
    Xerais
    En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da in...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €

  • LINGUA 2ºPRMARIA. TECELINGUA -5%
    Titulo del libro
    LINGUA 2ºPRMARIA. TECELINGUA
    Añon Montes, Sabela
    Xerais
    No disponible

    29,83 €28,34 €

  • INFAMIA -5%
    Titulo del libro
    INFAMIA
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, se...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €18,95 €