Vacacións 4 anos pompas de xabón

Vacacións 4 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148502
Ano de edición:
Materia
CADERNOS DE VACACI?NS
ISBN:
978-84-9914-850-2
Páxinas:
58
lingua:
GALEGO
Ancho:
275
Alto:
305
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
VACACIONS

Desconto:

-5%

Antes:

14,50 €

Despois:

13,78 €
IVE incluído

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Materia en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas

  • Os peidos máxicos de Sultán -5%
    Titulo del libro
    Os peidos máxicos de Sultán
    Villar, Marta
    Xerais
    Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas ami...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €

  • A gaita gallega -5%
    Titulo del libro
    A gaita gallega
    Pintos, Xoán Manuel
    Xerais
    A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a...
    No disponible

    22,95 €21,80 €

  • Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916 -5%
    Titulo del libro
    Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916
    Pena Sánchez, Xosé Ramón
    Xerais
    Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Histori...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    30,50 €28,98 €

  • Os partidos políticos en Galicia -5%
    Titulo del libro
    Os partidos políticos en Galicia
    Rivera Otero, Xosé Manuel;Barreiro Rivas, Xosé Luís;Jiménez Sánchez, Fernando;Lagares Diez, Nieves
    Xerais
    "Os partidos políticos en Galicia" é unha proposta na que se estudian as organizacións políticas do noso pa...
    No disponible

    25,45 €24,18 €

  • FLOCOS DE MILLO 5 ANOS. METODO COMPLETO -5%
    Titulo del libro
    FLOCOS DE MILLO 5 ANOS. METODO COMPLETO
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    133,85 €127,16 €