Eduardo Jorge Bosco

Eduardo Jorge Bosco. Poemas en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826686
Any d'edició:
Matèria
POESIA
ISBN:
978-84-9782-668-6
Pàgines:
240
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

18,00 €

Després:

17,10 €
IVA inclòs

Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río  da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), hoxe unha autoridade no seu país en Bibliografía e disciplinas afíns. Pepita Sabor e Bosco coñecéronse e tratáronse na Facultade de Letras de Buenos Aires, onde se namoraron. Pepita, filla de pai galego nado en Vilanova de Arousa, chegara á Arxentina con menos de dous anos. Xa namoradas, Bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, Sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. A lingua galega aprendeuna  nos libros: nos de Rosalía de Castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de García Lorca, escritor  do que era devoto. Non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. Sen ser galego o seu idioma, as Sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por Pepita Sabor. Nesa lingua, a namorada balbucira, na Ría de Arousa, as súas primeiras palabras. Ademais das Sete cancións, Bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, Pero Meogo. Con este poemario, Eduardo Jorge Bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre  outros, un catalán (Carles Riba), un andaluz (Federico García Lorca) e unha estadounidense (Annie Marie Morris). A presente edición reproduce en edición facsimilar os poemas galegos de Bosco, tanto nos seus orixinais manuscritos como mecanoscritos, ademais dun extenso estudo do profesor Xesús Alonso Montero, sobre a figura do poéta alófono arxentino e da fortuna dos seus poemas galegos, e da reprodución de diversas fotografías «ad hoc» e cartas da  musa deste fermoso poemario. O volume foi subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Altres llibres de l'autor a Librería Artigas

Matèria a Librería Artigas

Xerais a Librería Artigas

  • Xuvia-Neda -5%
    Titulo del libro
    Xuvia-Neda
    Araguas, Vicente
    Xerais
    Este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    20,50 €19,48 €

  • Tres capitáns de tempos idos -5%
    Titulo del libro
    Tres capitáns de tempos idos
    Avilés de Taramancos, Antón
    Xerais
    Tres capitáns de tempos idos é a única peza de teatro e a única obra pensada para o público infantil que d...
    No disponible

    7,55 €7,17 €

  • Un conto de tres noites -5%
    Titulo del libro
    Un conto de tres noites
    DoCampo, Xabier P.
    Xerais
    Xabier P. Docampo confesa, ao inicio deste conto marabilloso ,a súa identidade chairega e a súa señardade do...
    No disponible

    12,15 €11,54 €

  • Rimas con letra -5%
    Titulo del libro
    Rimas con letra
    Sánchez García, Gloria
    Xerais
    No disponible

    6,75 €6,41 €

  • MÚSICA NO FAIADO -5%
    Titulo del libro
    MÚSICA NO FAIADO
    Nº 272
    Alonso Diz, Miguel Ángel
    Xerais
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucí...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €