Eduardo Jorge Bosco

Eduardo Jorge Bosco. Poemas en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826686
Año de edición:
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-9782-668-6
Páginas:
240
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

18,00 €

Despues:

17,10 €
IVA incluido

Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río  da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), hoxe unha autoridade no seu país en Bibliografía e disciplinas afíns. Pepita Sabor e Bosco coñecéronse e tratáronse na Facultade de Letras de Buenos Aires, onde se namoraron. Pepita, filla de pai galego nado en Vilanova de Arousa, chegara á Arxentina con menos de dous anos. Xa namoradas, Bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, Sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. A lingua galega aprendeuna  nos libros: nos de Rosalía de Castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de García Lorca, escritor  do que era devoto. Non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. Sen ser galego o seu idioma, as Sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por Pepita Sabor. Nesa lingua, a namorada balbucira, na Ría de Arousa, as súas primeiras palabras. Ademais das Sete cancións, Bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, Pero Meogo. Con este poemario, Eduardo Jorge Bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre  outros, un catalán (Carles Riba), un andaluz (Federico García Lorca) e unha estadounidense (Annie Marie Morris). A presente edición reproduce en edición facsimilar os poemas galegos de Bosco, tanto nos seus orixinais manuscritos como mecanoscritos, ademais dun extenso estudo do profesor Xesús Alonso Montero, sobre a figura do poéta alófono arxentino e da fortuna dos seus poemas galegos, e da reprodución de diversas fotografías «ad hoc» e cartas da  musa deste fermoso poemario. O volume foi subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Otros libros del autor en Librería Artigas

Materia en Librería Artigas

Xerais en Librería Artigas

  • A recortada -5%
    Titulo del libro
    A recortada
    Alfaya Bernárdez, Anxeles
    Xerais
    O destino xoga con Martín, poñéndolle nas mans unha recortada e enfrontándoo a un fuxido da xustiza nos seu...
    No disponible

    11,35 €10,78 €

  • Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos -5%
    Titulo del libro
    Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Carpametacarpadeduna -5%
    Titulo del libro
    Carpametacarpadeduna
    Babarro, Xoán
    Xerais
    Carpametacardeduna ten máis letras cás areas dunha duna. Ten cinco fillos: Firlindirti, Purpulundurtu, Marmal...
    No disponible

    9,95 €9,45 €

  • XA NON ESTOU AQUÍ -5%
    Titulo del libro
    XA NON ESTOU AQUÍ
    MISA, IRIA
    Xerais
    Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Naufraxios no mar de Vigo -5%
    Titulo del libro
    Naufraxios no mar de Vigo
    Díaz Guerrero, Francisco
    Xerais
    No século XX o mar de Vigo viu perecer a centos de persoas en máis de seiscentos accidentes marítimos rexist...
    No disponible

    18,70 €17,77 €