Manuel Luís Acuña

Manuel Luís Acuña

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025772
ISBN:
978-84-8302-577-2
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LITERARIAS SINGULARES

Descompte:

-5%

Abans:

32,10 €

Després:

30,50 €
IVA inclòs

A dimensión intelectual e creativa de Manuel Luís Acuña, a carón do que significou o seu percorrido vital ó longo dos tres primeiros cuartos de século, formulou espontaneamente a un grupo de persoas, unidas por compartiren unha afervoada querencia pola súa figura e obra, a necesidade dun libro como o presente, por volta de se cumpriren cen anos do seu nacemento.Este volume testemuña a vixencia, intensidade e perseveranza a través do tempo do seu maxisterio profesional, literario e humanístico. A proposta axiña se espallou e foi acollida con entusiasmo e xenerosidade por todos os participantes que se quixeron sumar ao proxecto.Por un lado, quíxose conxugar a voz de diversos narradores, poetas, xornalistas e ensaístas que, procedentes de moi diversos ámbitos cronolóxicos, ben trataron ao autor ou ben repararon con vagar no ecoar das diversas parcelas das súas circunstancias persoais quebradas no naufraxio do ano 1936. Como non podía ser doutro xeito, o seu labor intelectual converteuse en obxecto de análise demorada por parte de especialistas que deron coa vizosa actividade que Acuña levou a cabo tanto en tempos da II República coma anos despois nos eidos xornalístico, pedagóxico, político e, claro é, no ámbito literario, onde emerxe con forza propia  ese relampo permanente que é Fírgoas, poemario que amosa o indiscutible talento do seu autor.Por outra banda, e non como complemento, senón como esteo necesario que esixía unha obra que quere  integrar diversas manifestacións artísticas, aos anteriores textos, acompañados tamén de propios versos do poeta, verdadeiro protagonista do libro, engádeselle un amplo ronsel de contribucións pictóricas tanto da man daqueles que foron coetáneos do autor coma doutros artistas máis novos que se quixeron sumar, sempre xenerosamente, na realización dun libro que desde o comezo quixo ser aberto, plural, integrador e tolerante. Un espello, en definitiva, de Manuel Luís Acuña.

Xerais a Librería Artigas

  • Tarxeta vermella -5%
    Titulo del libro
    Tarxeta vermella
    Miranda, Xosé
    Xerais
    "Moitas veces marrei unha bóla que tiña segura. Tiven centos de oportunidades, tirei á portería, pero a pel...
    No disponible

    16,65 €15,82 €

  • O home é un grande faisán no mundo -5%
    Titulo del libro
    O home é un grande faisán no mundo
    Müller, Herta
    Xerais
    O home é un grande faisán no mundo publicouse en 1986. O título é un refrán romeno que traslada a imaxe da...
    No disponible

    9,30 €8,84 €

  • Crónicas marcianas -5%
    Titulo del libro
    Crónicas marcianas
    Bradbury, Ray
    Xerais
    "Crónicas marcianas" de Ray Bradbury é unha colección de relatos que constitúe a crónica dos primeiros int...
    No disponible

    16,95 €16,10 €

  • Antela, a memoria asolagada -5%
    Titulo del libro
    Antela, a memoria asolagada
    Martinez Carneiro, Xose Luis
    Xerais
    O sudeste de Galicia, na comarca da Limia, existiu ata 1958 unha das lagoas máis importantes da Península IbÃ...
    No disponible

    37,95 €36,05 €

  • Lingua 3. Educación Primaria. Proxecto Tecelingua -5%
    Titulo del libro
    Lingua 3. Educación Primaria. Proxecto Tecelingua
     
    Xerais
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    40,64 €38,61 €