Manuel Luís Acuña

Manuel Luís Acuña

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025772
ISBN:
978-84-8302-577-2
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

Desconto:

-5%

Antes:

32,10 €

Despois:

30,50 €
IVE incluído

A dimensión intelectual e creativa de Manuel Luís Acuña, a carón do que significou o seu percorrido vital ó longo dos tres primeiros cuartos de século, formulou espontaneamente a un grupo de persoas, unidas por compartiren unha afervoada querencia pola súa figura e obra, a necesidade dun libro como o presente, por volta de se cumpriren cen anos do seu nacemento.Este volume testemuña a vixencia, intensidade e perseveranza a través do tempo do seu maxisterio profesional, literario e humanístico. A proposta axiña se espallou e foi acollida con entusiasmo e xenerosidade por todos os participantes que se quixeron sumar ao proxecto.Por un lado, quíxose conxugar a voz de diversos narradores, poetas, xornalistas e ensaístas que, procedentes de moi diversos ámbitos cronolóxicos, ben trataron ao autor ou ben repararon con vagar no ecoar das diversas parcelas das súas circunstancias persoais quebradas no naufraxio do ano 1936. Como non podía ser doutro xeito, o seu labor intelectual converteuse en obxecto de análise demorada por parte de especialistas que deron coa vizosa actividade que Acuña levou a cabo tanto en tempos da II República coma anos despois nos eidos xornalístico, pedagóxico, político e, claro é, no ámbito literario, onde emerxe con forza propia  ese relampo permanente que é Fírgoas, poemario que amosa o indiscutible talento do seu autor.Por outra banda, e non como complemento, senón como esteo necesario que esixía unha obra que quere  integrar diversas manifestacións artísticas, aos anteriores textos, acompañados tamén de propios versos do poeta, verdadeiro protagonista do libro, engádeselle un amplo ronsel de contribucións pictóricas tanto da man daqueles que foron coetáneos do autor coma doutros artistas máis novos que se quixeron sumar, sempre xenerosamente, na realización dun libro que desde o comezo quixo ser aberto, plural, integrador e tolerante. Un espello, en definitiva, de Manuel Luís Acuña.

Xerais en Librería Artigas

  • QUEN SALVA UN CAN -5%
    Titulo del libro
    QUEN SALVA UN CAN
    Nº 282
    Esmoris, Erica
    Xerais
    Que farías ti por salvar o teu can? Rai faríao todo. Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura m...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • Noite de voraces sombras -5%
    Titulo del libro
    Noite de voraces sombras
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de v...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €

  • Vigo e comarca en bicicleta de montaña -5%
    Titulo del libro
    Vigo e comarca en bicicleta de montaña
    Varela, Xosé Ramón
    Xerais
    No disponible

    18,90 €17,96 €

  • A pomba dona Paz -5%
    Titulo del libro
    A pomba dona Paz
    Caride, Ramón
    Xerais
    Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En co...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,50 €11,88 €

  • O gran caderno
    Antigo
    -5%
    Titulo del libro
    O gran caderno
    Kristof, Agota
    Xerais
    Nunha sucesión de escenas tranquilamente horribles, O gran caderno preséntanos sen enfeites, sen un chisco de...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,60 €9,12 €