A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Año de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

Descuento:

-5%

Antes:

18,80 €

Despues:

17,86 €
IVA incluido

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en Librería Artigas

  • A viaxe de Baldassare -5%
    Titulo del libro
    A viaxe de Baldassare
    Maalouf, Amin
    Xerais
    Ano 1666, o ano do Anticristo. Agoireiros e iluminados percorren os camiños para anunciar que a fin do mundo e...
    No disponible

    26,80 €25,46 €

  • Disidencia ferida -5%
    Titulo del libro
    Disidencia ferida
    Alcalde, Xabier
    Xerais
    A gravidade do sentimento da vida desaloxada vese acompañada pola aguilloante conciencia desta inmensidade ina...
    No disponible

    20,95 €19,90 €

  • Manual e exercicios de galego urxente -5%
    Titulo del libro
    Manual e exercicios de galego urxente
    Pena Sánchez, Xosé Ramón;Rosales Cereijo, Manuel
    Xerais
    O Manual e Exercicios de Galego Urxente, preparado polos profesores X.  Ramón Pena e Manuel Rosales, actualiza...
    No disponible

    16,70 €15,87 €

  • 6.REVOLUCION RUSA CONSOLID.URSS/CAD.HISTORIA XERCOM -5%
    Titulo del libro
    6.REVOLUCION RUSA CONSOLID.URSS/CAD.HISTORIA XERCOM
    GRUPO GANDARA
    Xerais
    No disponible

    5,00 €4,75 €

  • (11).CIENCIAS DA NATUREZA 1º ESO (XERAIS) -5%
    Titulo del libro
    (11).CIENCIAS DA NATUREZA 1º ESO (XERAIS)
    Panadero Cuartero, Juan Eduardo;Lozano Montero, Aurora;Bayón Fernández, Andrés;Olazábal Flórez, Antonio;Argüello González, Juan A.;Fuente Flórez, Rosa
    Xerais
    No disponible

    30,87 €29,33 €