A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Ano de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ENSAIO

Desconto:

-5%

Antes:

18,80 €

Despois:

17,86 €
IVE incluído

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en Librería Artigas

  • GRAFOMOTRICIDADE 2. 3 ANOS. MÁIS QUE TRAZOS 2019 -5%
    Titulo del libro
    GRAFOMOTRICIDADE 2. 3 ANOS. MÁIS QUE TRAZOS 2019
    AA.VV
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,00 €10,45 €

  • Unha fábrica de bicos -5%
    Titulo del libro
    Unha fábrica de bicos
    Canosa, María
    Xerais
    A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non o...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €12,83 €

  • Lugo e a Galicia oriental -5%
    Titulo del libro
    Lugo e a Galicia oriental
    LAREDO VERDEJO, X.L.
    Xerais
    No disponible

    17,00 €16,15 €

  • (G).(08).BIOLOXIA XEOLOXIA 1O.BACH.(XERAIS) -5%
    Titulo del libro
    (G).(08).BIOLOXIA XEOLOXIA 1O.BACH.(XERAIS)
    Ferrer Martí, Natividad;García Vicente, Miguel;Medina Martínez, Manuel
    Xerais
    No disponible

    35,55 €33,77 €

  • Paulo e Virxinia -5%
    Titulo del libro
    Paulo e Virxinia
    Bernardin de Saint-Pierre, Henri
    Xerais
    Paul et Virginie foi publicada por vez primeira o ano 1784 en París acadando axiña unha grande popularidade.B...
    No disponible

    7,25 €6,89 €